O PP de Sarria denuncia o aspecto que "non merece a vila máis grande do Camiño Francés en Galicia"

SarriaXa
José Antonio García, portavoz do grupo municipal, pon voz as críticas vertidas nos últimos días nas redes sociais polos populares de Sarria
PONTE DA ASPERA
7 Maio 2022

José Antonio García, portavoz do grupo municipal, pon voz as críticas vertidas nos últimos días nas redes sociais polos populares ante "o estado de abandono e desidia de zonas importantes e vinculantes, icónicas de Sarria"

A oposición non está contenta en Sarria. Polo menos o seu grupo maioritario, o Partido Popular. E así o fixo notar ao longo da semana, cunha notable actividade en redes sociais para mostrar con imaxes e textos o seu descontento coa xestión do goberno municipal. As queixas, ás que pon voz José Antonio García, portavoz municipal do PP, céntranse especialmente na figura do alcalde da vila, Claudio Garrido, e denuncian que “zonas absolutamente importantes e vinculantes de Sarria están cun aspecto que dan unha imaxe da vila que non é a que se merece o concello e a vila máis grande do Camiño Francés ao seu paso por Galicia”.

García, quen a pasada semana foi incluso expulsado dun pleno municipal no turno de ruegos e preguntas tras recibir tres apercibimentos por parte do alcalde, explica que “dende o grupo municipal do Partido Popular de Sarria levamos toda a semana insistindo na absoluta desidia na que se encontran zonas icónicas e representativas do Concello de Sarria, vinculadas de forma moi estreita ao Camiño de Santiago e que deixan unha imaxe de Sarria moi triste para miles de peregrinos que están xa a comenzar o que é a época forte do verán”.

"Zonas importantes de Sarria están cun aspecto que dan unha imaxe da vila que non é a que se merece o concello e a vila máis grande do Camiño Francés ao seu paso por Galicia"

E acto seguido desgrana os principales lugares afectados por este teórico abandono e os motivos polos que os populares consideran ineficaz a xestión municipal levada a cabo polos integrantes de Camiña Sarria. “En primeiro lugar falamos da Ponte da Áspera, unha ponte de interés cultural sobre trazado medieval á saída da vila de Sarria que se atopa absolutamente invadida pola maleza e polas silvas. Parece mentira que un icono de Sarria como é esta ponte sexa olvidada, esquecida absolutamente polo goberno municipal”, sinala o portavoz do PP.

A segunda zona onde centra as súas críticas José Antonio García e o seu grupo municipal é “o Mirador da Cárcere, o que era a antiga prisión preventiva de Sarria. Un Mirador no que, ademáis, se vén de gastar por parte do Concello, unha adxudicación de obra da que temos pedida a copia de expediente, 28.000 euros e que se atopa xusto agora que se acaba de pagar ou presuntamente pagar esa mellora nun aspecto absolutamente de abandono e de deterioro total”.

De feito, García avanza que “tamén pediremos explicacións sobre esta adxudicación e cómo pode ser que unha obra que se vén presuntamente de arranxar se atope na situación na que se atopa”.

"Pediremos explicacións sobre esta adxudicación e cómo pode ser que unha obra que se vén presuntamente de arranxar se atope na situación na que se atopa"

Para o final queda a zona na que os populares de Sarria atopan máis motivos de queixa, especialmente polo que simboliza. “Non podemos deixar de falor do Chanto. O Chanto é o parque de Sarria por excelencia. Unha zona recreativa, de ocio e de lecer das familias de Sarria, sobre todo na época de verán, e que agora mesmo se atopa totalmente destrozada”, láiase o portavoz do PP.

Acto seguido pasa a enumerar os problemas. “A presa que vincula a praia fluvial do Chanto está rota, desfeita e chea de maleza. O edificio público municipal onde hai un establecemento hosteleiro concesionado está apuntalado dende fai meses sen que dende o Concello se tome ningunha medida", apunta.

"Na ribeira do río están caendo árbores de forma seguida nos últimos tempos sen que por parte o Concello adopte medida de seguridade algunha antes de que se produza calquer tipo de desgraza. E o paseo está roto e desfeito, con puntas oxidadas de cara a nenos e maiores que pasan todos os días por alí co claro risco que isto supón”, finaliza a súa exposición José Antonio García.

ESTRADAS DO RURAL

Ademais das críticas pola situación destas tres zonas emblemáticas, o grupo municipal popular de Sarria utiliza as súas redes sociais para exercer de altavoz, recollendo queixas de veciños das zonas rurais polo estado dos camiños e carreteiras. Así é o caso da pista a Goián por Calleiros, á que poñen como exemplo “da planificación do rural no Concello. Os veciños destrozando os seus vehículos tódolos días ante a desidia do gobernó municipal”. E para a que piden “o arranxo inmediato desta estrada municipal, que segue sen un proxecto de arranxo. Prometeran un plan de aglomerado en quente no rural e só fan parcheos que duran dous meses”.

Ante toda esta situación, o resume de José Antonio García é claro. “Creemos que é froito da desidia e do abandono nos que ten inmersos a Sarria o mantemento deste goberno de Claudio Garrido e Camiña Sarria”, sentencia o portavoz municipal do PP.

"Creemos que esta situación é froito da desidia e do abandono nos que ten inmersos a Sarria o mantemento deste goberno de Claudio Garrido e Camiña Sarria"

0.15791296958923