Novas de Paradela
Paradela, Láncara e Samos melloran espazos públicos a través dun obradoiro dual de emprego de 454.500 euros
O programa, con 20 prazas en dúas especialidades, desenvolverá actuacións en colexios, miradoiros, fontes, beirarrúas e zonas verdes dos tres municipios
Laxe celebra o 12 de setembro as súas festas na honra da Virxe do Amparo
A xornada festiva contará con misa maior e procesión, ademais de sesión vermú, festa e verbena co Grupo Distrito 7 e a Charanga de Paradela
Penarredonda, en Paradela, celebra en setembro a súa romaría
A parroquia de Paradela contará con dúas xornadas de celebracións relixiosas e unha ampla sesión musical a cargo da Orquestra Galaxia
Estefanía Padullés invita a afrontar os cambios con naturalidade no seu novo álbum ilustrado ‘Cambia o mundo... cambias ti’
A escritora e ilustradora afincada en Paradela publica unha obra para compartir en familia que aborda as transformacións da vida cotiá desde unha mirada próxima, poética e chea de cor
A Deputación destina preto de 246.000 euros á mellora da estrada entre Pacios e Mosteirovello
A actuación renovará case catro quilómetros da LU-P-4201 en Paradela e incluirá un paso elevado xunto ao CEIP de San Miguel
A Xunta impulsa melloras en infraestruturas, servizos municipais e emprego en Paradela
O delegado territorial, Alfonso Villares, repasou coa alcaldesa, Montserrat Mulet, os investimentos autonómicos previstos no municipio, que inclúen actuacións en estradas, edificios públicos e formación para persoas desempregadas
As festas de Andreade en honra a Santiago Apóstolo encherán Paradela de música e tradición
O programa inclúe sesións vermú, verbenas, unha actuación estelar de María Barral e unha pancetada veciñal o 1 de agosto
Paradela organiza unha nova recollida gratuíta de enseres para o vindeiro 19 de agosto
O Concello solicita que as persoas interesadas comuniquen previamente os obxectos que van depositar para facilitar a prestación do servizo
Paradela prepara a XXV Concentración Mototurística de Os Mouchos, unha cita de referencia para os afeccionados ás dúas rodas
O evento celebrarase o 19 de setembro e incluirá unha ruta mototurística entre Paradela e Lugo, ademais da actuación do grupo TDA
Paradela abre as inscricións para os cursos de natación da tempada 2026 nas piscinas municipais
A iniciativa estará dirixida a nenas, nenos e persoas adultas, cun prazo de inscrición aberto ata o 17 de xullo
Estefanía Padullés presenta en Paradela a súa nova novela “Memoria de sombra y bosque”
A obra, unha historia sobre a madurez e a identidade, será presentada o 26 de xuño no Centro Sociocultural Manuel Oreste Rodríguez López
A SD Paradela presenta o seu novo corpo técnico para a tempada 2026/27
Senén López regresará como primeiro adestrador e Martín López Vázquez asumirá as funcións de segundo técnico nun proxecto liderado por dúas persoas vinculadas ao club e ao municipio
Rematan as obras de mellora da vía que conecta Castrelo con San Pedro en Paradela
A actuación, cun investimento superior aos 9.500 euros, busca reforzar a seguridade viaria e facilitar a mobilidade na zona
Castro de Rei de Lemos celebrará as festas de San Antonio os días 12 e 13 de xuño
A parroquia do concello de Paradela acollerá dous días de celebración con churrascada, misa solemne e verbena
O Concello de Paradela abre a preinscrición do campamento de verán “Lecer en Paradela”
A actividade desenvolverase do 1 de xullo ao 31 de agosto no pavillón do CEIP e incluirá propostas lúdicas, deportivas e educativas
Impulsan un novo obradoiro de emprego en Láncara, Paradela e Samos
Vinte persoas desempregadas recibirán formación e experiencia profesional durante nove meses en actuacións de mellora de espazos públicos dos tres municipios
Vilaragunte celebrará as festas na honra ao Corpus Christi do 5 ao 7 de xuño
Os festexos terán lugar no polígono industrial do Gandarón e contan coa colaboración do Concello de Paradela
Eventos
A rede viaria autonómica de Lugo afronta novas obras de mellora do pavimento
O investimento supera os 3,6 millóns de euros e permitirá mellorar o firme e a seguridade viaria en vías que atravesan dez concellos lucenses
Paradela acollerá o 6 de xuño a V Carreira Popular dentro do Circuíto Miño-Ulla
A proba contará con carreira absoluta, andaina e categorías de menores, con inscrición aberta ata o 4 de xuño
Paradela celebrará o 24 de maio a tradicional Feira de Ano de San Isidro con música, gando e artesanía
A programación incluirá exposicións, ruta cabalar, degustación gastronómica e unha gran verbena coa orquestra Los Satélites
A ruta do río Loio en Paradela recuperará as súas pasarelas antes de final de ano
A actuación permitirá reconstruír tres estruturas peonís cun investimento superior aos 120.000 euros para reabrir o percorrido
Barán celebrará o 9 de maio as súas grandes festas na honra á Santa Cruz
A xornada contará con misa solemne, procesión, sesión vermú e verbena coas orquestras Alabama e Panamá
Coordinan o dispositivo de seguridade para a 4ª etapa da Vuelta Femenina 2026
Forzas e corpos de seguridade, emerxencias e organización planifican o operativo para unha etapa de 115 quilómetros que se celebrará o 6 de maio
Paradela e a Xunta estudan novas vías de promoción para os produtos agroalimentarios de calidade
Montserrat Mulet reuniuse co director da Agacal e abordou tamén a organización da Feira de Ano e a Festa de San Isidro








