Paradela dá a benvida a unha nova bebé cunha cesta de produtos de primeira necesidade

SarriaXa
Claudia González López, veciña de O Foilebar, é a terceira nena nacida no municipio en 2026 que recibe esta axuda municipal por nacemento
cesta-benvida-nena-Paradela
15 Sep 2026

O Concello de Paradela entregou unha nova cesta de benvida por nacemento con motivo da chegada de Claudia González López, filla de Javier González e Lucía López e veciña de O Foilebar. A alcaldesa, Montse Mulet Sar, foi a encargada de facer entrega deste lote de produtos de primeira necesidade á familia.

Esta é a terceira solicitude por nacemento tramitada no municipio ao longo de 2026 ao abeiro da ordenanza municipal que regula estas axudas.

A medida foi aprobada polo Concello en decembro de 2023 co obxectivo de favorecer a natalidade e a adopción e contribuír á fixación de poboación no municipio. O programa contempla a entrega dun lote de produtos valorado en 200 euros, ademais dunha axuda económica directa de 1.000 euros.

Esta última cantidade abónase en dous prazos: o 75 por cento no momento da solicitude e o 25 por cento restante unha vez acreditada a residencia efectiva no municipio durante un ano desde o nacemento.

Desde o Concello trasladaron os seus parabéns a Javier e Lucía polo nacemento da súa filla e desexáronlles "moita felicidade nesta nova etapa".

0.16161799430847