Sociedade
Samos recibe unha Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero para fomentar a igualdade a través da lectura
A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, entregou ao Concello este recurso, que reúne doce libros para diferentes idades e permite desenvolver actividades individuais e colectivas de sensibilización e prevención da violencia machista
A Asociación de Veciños San Martiño de Láncara reuniu arredor de 90 persoas na súa xuntanza
O colectivo celebrou o pasado domingo unha xornada de encontro e convivencia para reunir a veciñanza e amigos arredor da vida social da localidade
O Camiño Francés en Galicia e a ruta xacobea de Gran Canaria únense cun folleto e un selo común
A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés presentou en Arzúa os primeiros materiais froito do irmandamento entre os once municipios galegos da ruta e os concellos canarios de San Bartolomé, Tejeda e Gáldar
Abraham Cupeiro regresa aos estudos Abbey Road para gravar o seu novo disco coa Royal Philharmonic Orchestra
O músico sarriao prepara 'Ánima', un álbum conceptual que verá a luz en 2027 e que terá a súa estrea absoluta o 16 de xaneiro no Palau de la Música Catalana
Sarria e Chantada acollen esta semana dous obradoiros para combater a desinformación
As actividades, organizadas polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia coa subvención da Deputación de Lugo, celebraranse o xoves 12 en Sarria e o sábado 14 en Chantada, con entrada libre e gratuíta
Patricia Rivas, a moza escritora que soña con seguir contando historias a quen queira escoitalas
A sarriá, de 23 anos, atopou na literatura unha forma de expresar e superar as súas emocións. Con dúas novelas publicadas, non renuncia a seguir escribindo mentres agarda poder estudar Psicoloxía
Ramil celebra este sábado a súa festa cunha xornada de música, gastronomía e verbena
A programación incluirá unha sesión vermú co dúo Son do Val, unha pancetada, tardeo e o lanzamento de foguetes a medianoite
Sarria presenta o proxecto do seu novo espazo cultural, coas asociacións como protagonistas
A iniciativa, desenvolvida durante dous anos pola Área de Cultura, aposta por unir a Casa da Cultura e a Escola de Música nun centro cultural e escénico con máis capacidade, salas de ensaio, almacéns e unha nova praza aberta á cidadanía
Triacastela acollerá unha conferencia sobre a evolución do mito medieval do Camiño de Santiago
O profesor da USC Manuel Gago Mariño impartirá a charla o xoves 12 de novembro no Centro Sociocultural Fonte do Lunar
A charanga Madialeva celebrará o seu 20 aniversario cun reencontro en Sarria
A agrupación reunirá este sábado 7 de novembro no Malecón os músicos que formaron parte dela desde a súa creación, en 2006.
Eirexalba reúne a 220 persoas nun multitudinario Magosto marcado pola gastronomía e a tradición
A celebración organizada por Os Fanagueiros converteu a localidade do Incio nun punto de encontro veciñal arredor do polbo, a empanada, a carne ao caldeiro e as castañas
O MUVICLA acollerá a II Edición da Xornada 360 Sector Castaña
A Asociación Galega das Castañas e dos Soutos celebrará o 14 de novembro a segunda edición da Xornada 360 Sector Castaña, que combinará relatorios técnicos, unha mesa redonda e un showcooking
Castroverde proxectará a curtametraxe 'Mudanza', unha historia sobre o cancro e a súa aceptación
A sesión celebrarase o domingo 8 de novembro no Centro Sociocultural Paco Pestana, con entrada gratuíta, e ofrecerá un espazo para reflexionar sobre o impacto emocional da enfermidade
Sarria acolle a charla 'A Botica do Peregrino' sobre a historia das plantas medicinais no Camiño
A actividade, incluída no ciclo de divulgación científica Camiños de Ciencia, celebrarase este sábado 31 de outubro na Casa do Concello e contará cun podcast en directo con participación do público
Sarria celebrará a XX Festa dos Maiores o 14 de novembro
A xornada terá lugar no pavillón dos institutos e incluirá aperitivo, actuacións musicais, xantar, baile e sorteo
Os veciños de As Insuas entregan 172 sinaturas para reclamar o dobre sentido na Gran Vía de Sarria
Os residentes denuncian que o cambio de circulación lles obriga a dar rodeos, non mellorou o aparcamento e aumenta os riscos nunha zona con elevada poboación envellecida e varios servizos asistenciais
O Club de Tiro Olímpico San Juan de Sarria celebrará a Tirada do Porco o 1 de novembro
A xornada combinará competición deportiva, premios e unha comida de confraternidade con produtos típicos e castañas, con inscricións abertas ata o 30 de outubro
Eventos
Sarria ofrece seis cursos gratuítos de formación dixital entre novembro e decembro
A Aula CeMIT da Casa da Cultura impartirá formación sobre intelixencia artificial, móbiles, trámites electrónicos e impresión 3D, con 18 prazas dispoñibles por actividade
Carniceiros e gandeiros de Sarria esixen a reapertura do matadoiro tras unha reunión sen compromisos concretos
O sector reclama recuperar de inmediato o sacrificio de vacún e restablecer o servizo de porcino antes da campaña das matanzas tradicionais, mentres pide ao Concello que aproveite as vías de financiamento da Xunta e da Deputación
O Mago Teto achegará o seu espectáculo 'As Magas' ao Páramo o 30 de outubro
O ilusionista galego actuará a partir das 16:30 horas cunha proposta que combina maxia e entretemento para achegar esta arte ao público
O Páramo estrea un club de lectura con encontros quincenais na biblioteca municipal
A actividade será gratuíta e comezará o venres 13 de novembro, con reunións cada quince días ás 20.30 horas. O prazo para inscribirse remata o día 10
O CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela celebra o Samaín cunha semana de actividades
O programa inclúe relatos de medo, obradoiros de disfraces coas familias, unha Feira de Outono e un magosto compartido co alumnado do CEIP de Samos
Sarria pechará as pistas de tenis e fútbol sala por obras de reforma
As instalacións deportivas permanecerán pechadas desde o luns 26 de outubro ata que rematen os traballos de renovación
Láncara celebra o Magosto o 25 de outubro cunha xornada de música, xogos e cine
A antiga escola de Láncara acollerá a festa a partir das 14.00 horas, con comida e bebida, bingo con agasallos e unha película para todos os públicos ás 19.00 horas











