Meigas e Trasgos convoca a veciñanza a unha nova festa de castañas, música e baile

O Lar Social da Asociación Cultural Meigas e Trasgos converterase este sábado 14 de novembro no escenario dunha nova edición do seu magosto.
A celebración arrancará ás 19:30 horas cunha proposta que combinará a degustación de castañas con comida, música e baile.
A iniciativa está aberta a todas as persoas que desexen sumarse á festa, xa que a entrada será de balde. A través desta convocatoria, a entidade busca favorecer os encontros entre a veciñanza e dar continuidade a unha celebración popular que cada ano reúne gastronomía e tradición arredor das castañas.