Novas de Láncara
A Malla de Santiago de Cedrón reunirá tradición, gastronomía e música en Láncara o 12 de setembro
A IV edición da Malla Santiago de Cedrón celebrarase no lugar de Saa cunha xornada que comezará ás 10.30 horas e incluirá xantar popular e actuación musical
Filomena Pérez Aira celebrou os seus 100 anos nas festas de San Ramón de Cedrón
A veciña de Cedrón, en Láncara, foi homenaxeada pola Asociación Veciñal e Cultural Santiago de Cedrón, organizadora das festas, cun ramo de rosas vermellas polo seu aniversario
Pícaros reforza a conciliación en Láncara con madrugadores, ludoteca e novas actividades extraescolares
O curso escolar no CPI Ramón Piñeiro comezará o 9 de setembro e contará con 15 prazas por actividade, mentres a asociación prepara unha xornada de portas abertas
Darío Piñeiro reclama retirar un busto de José Martí e Xuntos con Cuba pide que se conserve
O alcalde de Láncara trasladou ao Consulado de Cuba o malestar que, segundo afirma, xera o monumento, mentres a asociación galego-cubana defende o seu valor histórico e cultural
Os pequenos de Láncara convértense en feirantes no Mercadillo Divermañás
A iniciativa celebrarase o 28 de agosto, de 11.00 a 13.00 horas, na zona do río e permitirá amosar as creacións realizadas polos participantes no campamento
Láncara lembra a Fidel Castro no centenario do seu nacemento cun acto na Casa Museo Ángel Castro
A xornada reuniu representantes institucionais e asociacións hispano-cubanas e incluíu o descubrimento dun busto dedicado a José Martí
A Pobra de San Xiao celebra este venres a Festa da Xuventude e da Troita con música, gastronomía e festa
A Praza dos Labradores acollerá unha degustación gratuíta de troita, a actuación da Charanga Unión Phenosa e os concertos de Gin Toni's e A Duendeneta
A Festa da Malla volverá recrear en Láncara os traballos tradicionais da colleita do trigo
A celebración, organizada pola Asociación Cultural Val de Láncara, contará con demostracións en vivo, artesanía, exposicións e unha comida popular
Láncara acollerá un obradoiro de elaboración de xabóns artesanais o vindeiro 23 de agosto
A actividade, organizada pola Asociación Cultural Val de Láncara coa colaboración do Concello, contará cun máximo de 15 prazas
A cerámica artesanal protagoniza en Láncara un novo obradoiro para todos os públicos
A actividade, organizada pola Asociación Cultural Val de Láncara coa colaboración do Concello, celebrarase este sábado na antiga escola
A Pobra de San Xiao celebrará a primeira Festa da Carballeira organizada polo Puebla Futsal
A cita terá lugar o 8 de agosto con sesión vermú, xantar popular, xogos infantís, sorteos e un tardeo musical na Carballeira do Campo da Feira
A Xunta adxudica por máis de 3,3 millóns de euros a mellora do firme nas estradas LU-633, LU-546 e LU-621
As obras, cun prazo de execución de seis meses, actuarán sobre máis de 63 quilómetros de vías autonómicas ao seu paso por dez concellos lucenses
As Festas de San Roque da Pobra de San Xiao continúan completando o seu cartel musical
A Asociación Gastronómica Cultural Patacas Novas organiza tres xornadas de celebración con pregón, pasarrúas, verbenas, actos relixiosos, festa da escuma, paellada popular e actuacións musicais
Láncara despedirá xullo cunha sesión de cine de verán ao aire libre
A Área Recreativa Manuel Fernández Arrojo acollerá o 31 de xullo a proxección gratuíta da película 'Amigos imaxinarios'
Láncara rende homenaxe á troita con tres xornadas gastronómicas este verán
A programación inclúe unha xornada nas parroquias o 31 de xullo e outra na Pobra de San Xiao o 14 de agosto, ademais dunha nova cita gastronómica o 4 de setembro
Láncara acollerá unha nova campaña de doazón de sangue o 28 de xullo
A unidade móbil da ADOS instalarase na Praza dos Labregos da Pobra de San Xiao en horario de tarde
O CIM móbil da Xunta ofrecerá atención especializada este xoves en Láncara
A unidade itinerante instalarase no municipio o 16 de xullo, en horario de 10.00 a 14.00 horas, para achegar servizos de información, orientación e asesoramento á cidadanía
Eventos
O Puebla Futsal será o pregoeiro das Festas de San Roque da Pobra de San Xiao
A organización avanza as primeiras novidades da celebración, que terá lugar o 17 de agosto e volverá contar coa actuación da orquestra Punto Clave
San Xoán de Muro converterase en punto de encontro da música tradicional cunha gran foliada popular
A Taberna Airexe celebrará o seu 23º aniversario cunha festa aberta que combinará baile, cantigas e gastronomía o vindeiro 10 de xullo
A IV Foliada de Láncara reunirá música tradicional o 18 de xullo
Os Xardois, Airiños do Neira e a Asociación Cultural Val de Láncara participarán nunha xornada festiva que arrancará ás 18.30 horas
Villares destaca o labor do Muvicla de Láncara para difundir a importancia do campo
Felicitou a Marcos Vázquez, titular da explotación agraria onde se atopa integrada a colección do centro, pola proxección que acadou
O PP de Láncara critica a retirada das axudas ás festas parroquiais
Os populares denuncian a eliminación das achegas económicas ás celebracións das parroquias, desigualdades entre colectivos e a falta de avances en dinamización social, económica e cultural
A Xunta autoriza a construción de dous novos parques eólicos na provincia de Lugo
Os dous proxectos afectan aos concellos de Castroverde, Pol, Láncara, Baralla e Baleira
Taberna Airexe acollerá a I Foliada de San Xoán de Muro con música, churrascada e pinchos
O evento celebrarase o venres 10 de xullo a partir das 20 horas en Láncara coa colaboración de colectivos locais











