Taberna Airexe acollerá a I Foliada de San Xoán de Muro con música, churrascada e pinchos

SarriaXa
O evento celebrarase o venres 10 de xullo a partir das 20 horas en Láncara coa colaboración de colectivos locais
cartel-I-Foliada-Taberna-Airexe-Láncara
23 Jun 2026

A Taberna Airexe organizará a I Foliada de San Xoán de Muro, no concello de Láncara, unha cita festiva que contará coa colaboración da Asociación Val de Láncara e de Airiños do Neira.

A foliada será aberta á participación e desenvolverase nun ambiente de convivencia no que a música tradicional terá un papel protagonista. A xornada completarase cunha churrascada e pinchos a esgalla, nun formato pensado para reunir veciñanza e visitantes arredor da celebración.

O evento terá lugar o venres 10 de xullo a partir das 20 horas, consolidándose como unha nova proposta festiva na zona de San Xoán de Muro.

0.1162531375885