Novas de O Incio
Carme López Fernández crea un recurso didáctico para achegar a música tradicional ao alumnado a través do Camiño de Santiago
A musicóloga elaborou dez arranxos musicais adaptados á instrumentación escolar que percorren diferentes localidades do Camiño Francés, desde O Cebreiro ata Compostela
A SDC Laiosa celebrará o seu Magosto o 15 de novembro cun xantar e actividades para todos os públicos
A cita comezará ás 14:00 horas e incluirá un menú con empanada, xamón á feira, troitas, churrasco, larpeira e castañas, ademais dunha merenda con chocolatada
O CEIP Ricardo Gasset do Incio celebrará o Samaín con obradoiros, cabazas e gofres
A actividade terá lugar o luns 26 de outubro, de 16.30 a 18.30 horas, e estará aberta tamén a nenos e nenas doutros centros educativos
O CEIP Ricardo Gasset do Incio achega ao alumnado as historias de tres mulleres rurais
Julia Lago, Marica Campo e Cris de Buxán participaron na actividade "Bibliotecas Viventes", impulsada pola Anpa do centro con motivo do Día da Muller Rural e coa colaboración de Outonía
O patio infantil do CEIP Ricardo Gasset do Incio estrea unha zona de xogo renovada
A actuación ampliou o areeiro e incorporou unha nova separación e pavimento de caucho, coa colaboración do Concello do Incio
A Deputación aproba conceder 250.000 euros ao Concello do Incio para rehabilitar a Casona
A achega permitirá recuperar o inmoble emblemático situado no centro da vila e os espazos exteriores da contorna
A Casona do Incio pasa ao Concello para avanzar na súa recuperación
A Deputación de Lugo aprobou por unanimidade a cesión do inmoble ao municipio e comprometeu 250.000 euros para contribuír á súa transformación nun espazo público de ocio e deporte
O Incio convida a "Bailar o Patrimonio" cunha xornada aberta de música e baile tradicional
A Escola de Música e Baile Tradicional celebrará o 17 de outubro no antigo mercado unha xornada de portas abertas con actividades gratuítas para toda a veciñanza
O Incio amplía a súa oferta de actividades con pilates, zumba, baile, música e clases extraescolares
A programación comezará en outubro e inclúe propostas para diferentes idades e horarios, con prezos reducidos para as persoas empadroadas
A Deputación cederá A Casona ao Concello do Incio e achegará 250.000 euros para a súa rehabilitación
O pleno provincial abordará o próximo martes a cesión do emblemático inmoble, que o Concello pretende transformar xunto coa súa contorna nun espazo público de lecer e deporte
O Incio converterá seis antigos garaxes municipais en vivendas de alugueiro
O Concello adxudicou por 293.315 euros a actuación, que permitirá habilitar seis apartamentos na rúa Rodeiro cunha superficie útil de 44,45 metros cadrados cada un
O lume de Asacocirco chega este venres á Praza do Concello do Incio con "Forza Ígnea"
A proposta circense con lume comezará ás 22.00 horas e forma parte da programación do "Verán no Incio"
Unha nova master class de zumba recadará fondos para a plataforma Diversa
A cita solidaria celebrarase o 6 de setembro na sala Litmar e reunirá a 16 instrutores chegados de Galicia, Asturias e Bilbao
A Cruz do Incio descobre a linguaxe das campás cun obradoiro durante a Feira de Ano
A actividade celebrarase este sábado 22 de agosto ás 15.30 horas na igrexa parroquial e incluirá unha demostración práctica a cargo dun campaneiro experto
O Incio reúne arredor de 60 postos na XVI Feira de Artesanía e Produtos da Terra
A cita combinará este sábado artesanía, gastronomía, obradoiros e música cun amplo programa que se prolongará desde as 11.00 horas ata a noite
A Deputación estuda ceder a Casona do Incio ao Concello para desbloquear a súa recuperación
Carmela López avanzou que a institución analizará a proposta municipal para dar un uso público ao inmoble e superar unha situación enquistada desde hai dúas décadas
Lucía Pérez actuará este mércores na Cañiza
O concerto terá lugar ás 22.30 horas na Praza Maior e forma parte da programación musical da 60ª Festa-Feira do Xamón da Cañiza
Eventos
O Incio transformará a Praza España nunha gran praia urbana cunha tarde chea de actividades
A proposta 'Montamos a Praia' ofrecerá xogos acuáticos, festa da escuma e animación para toda a familia este mércores
Vilasouto celebrará as festas na honra á Santa Cruz con tres días de música e tradición
A programación inclúe unha queimada popular, sesións vermú, misas solemnes e actuacións de Dúo Eclipse, Grupo Fortuna, PK2, Dúo La Mina e Combo Dominicano
Santa Cristina de Viso celebrará as súas festas patronais os días 25 e 26 de xullo
A programación inclúe unha pancetada popular, música en directo, actos relixiosos, xogos populares e inchables para a cativada
O Incio busca o apoio da Xunta para rehabilitar a Casona da Cruz e impulsar novos proxectos municipais
Héctor Corujo traslada a Alfonso Rueda as principais necesidades do concello nunha reunión de traballo
O Incio amosará os resultados do I Campo de Voluntariado coa xornada 'Territorio Sonoro'
A Ferrería e a Casa do Concello acollerán un paseo, a presentación dos proxectos, mesturas sonoras e unha sesión musical con DJ La Sincereza
O Concello do Incio busca persoal para reforzar o Servizo de Axuda no Fogar
As persoas interesadas en cubrir vacacións ou baixas poden contactar cos Servizos Sociais en horario de mañá
O Incio CF abre as inscricións para a terceira edición do seu campus de verán de fútbol
A actividade celebrarase do 3 ao 7 de agosto no campo municipal do Carboeiro e está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos










