O patio infantil do CEIP Ricardo Gasset do Incio estrea unha zona de xogo renovada

O patio infantil do CEIP Ricardo Gasset do Incio conta cun espazo de xogo renovado, tras a ampliación do areeiro e a instalación de novas medidas para mellorar a seguridade e a funcionalidade das instalacións.
A intervención permitiu substituír o areeiro anterior por unha zona máis ampla, dotada dunha nova separación e pavimento de caucho, co obxectivo de favorecer o xogo e a convivencia entre o alumnado.
A Asociación de Nais e Pais (Anpa) do centro destacou a mellora das instalacións, que ofrecen un espazo máis cómodo e adaptado ás necesidades dos nenos e nenas.
Os traballos contaron coa colaboración do Concello do Incio, que contribúe ao mantemento e á renovación das instalacións educativas do municipio.