O CEIP Ricardo Gasset do Incio celebrará o Samaín con obradoiros, cabazas e gofres

O CEIP Ricardo Gasset do Incio converterase o vindeiro luns 26 de outubro nun espazo de celebración do Samaín cunha tarde repleta de propostas creativas e actividades para os máis pequenos. A xornada desenvolverase de 16.30 a 18.30 horas e incluirá obradoiros de decoración, elaboración de cabazas e creación de máscaras, ademais dunha degustación de gofres.
Entre as iniciativas previstas figuran talleres para confeccionar adornos propios desta festa, decorar cabazas e deseñar máscaras monstruosas. Os participantes tamén poderán colaborar na decoración colectiva do colexio, que se ambientará para a ocasión con motivos relacionados co Samaín.
A programación completarase cun carriño de gofres, pensado para que os asistentes poidan repoñer forzas durante a tarde festiva.
A convocatoria está aberta non só ao alumnado do CEIP Ricardo Gasset, senón tamén a nenos e nenas doutros centros educativos, co obxectivo de compartir unha xornada de lecer arredor dunha das celebracións tradicionais do outono galego.