Santa Cristina de Viso celebrará as súas festas patronais os días 25 e 26 de xullo

SarriaXa
A programación inclúe unha pancetada popular, música en directo, actos relixiosos, xogos populares e inchables para a cativada
festas-Viso-O-Incio
22 Jul 2026

A parroquia de Santa Cristina de Viso, no concello do Incio, celebrará os días 25 e 26 de xullo as súas festas patronais cun programa que combinará gastronomía, tradición e música para todos os públicos.

Os festexos darán comezo o sábado 25 de xullo ás 22:00 horas cunha pancetada popular e unha queimada, unha cita que estará amenizada polo Dúo Herencia, encargado de poñer música á primeira noite das celebracións.

A programación continuará o domingo 26 de xullo coa misa solemne, que se celebrará ás 13:00 horas, seguida da tradicional procesión e dunha sesión vermú amenizada pola Orquestra Alianza.

Xa pola tarde, entre as 20:00 e as 23:00 horas, haberá inchables e xogos populares, pensados especialmente para o público infantil e familiar. Todas estas actividades estarán acompañadas pola música da Orquestra Alianza, que tamén será a encargada de amenizar a verbena e poñer o broche final ás festas.

0.11578702926636