A SDC Laiosa celebrará o seu Magosto o 15 de novembro cun xantar e actividades para todos os públicos

A Sociedade Deportiva e Cultural (SDC) Laiosa organizará o vindeiro 15 de novembro unha nova edición do seu Magosto, unha celebración que reunirá socios e veciñanza arredor dunha xornada gastronómica e de convivencia. O encontro comezará ás 14:00 horas.
O xantar incluirá empanada de iscos e de atún, xamón á feira, pementos, troitas, churrasco mixto, larpeira, castañas, café, bebidas e licores. A programación completarase cunha merenda con chocolatada.
O prezo será de 17 euros para os socios e de 27 euros para os non socios. No caso dos nenos de entre 6 e 11 anos, a participación custará 0 euros para os socios e 10 euros para os non socios, mentres que os menores de cinco anos poderán asistir de balde.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse antes do 13 de novembro a través dos teléfonos 660 404 386 e 699 488 711.