O Incio CF abre as inscricións para a terceira edición do seu campus de verán de fútbol

O Incio CF abriu o prazo de inscrición para participar na III edición do Campus de Verán de Fútbol, unha iniciativa que se desenvolverá do 3 ao 7 de agosto no Campo Municipal do Carboeiro, no Incio, e que está destinada a rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos.
O campus, de carácter mixto, contará cun máximo de 20 prazas, sendo necesario cubrir un mínimo de dez participantes para a súa celebración. As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición ata o 24 de xullo.
As actividades desenvolveranse en horario de 10.00 a 14.00 horas e estarán dirixidas por Roy Arias Folgar, adestrador titulado de nivel 3 con experiencia en diferentes categorías de base da SD Sarriana.
O prezo do campus será de 80 euros e inclúe as sesións deportivas e formativas, equipación deportiva, seguro, almorzo diario a media mañá —composto por bocadillo, auga e froita—, diploma acreditativo ao remate da actividade e un agasallo do club para todos os participantes.
Para obter máis información ou realizar a inscrición, o club facilita o teléfono 654 652 346.