A Casona do Incio pasa ao Concello para avanzar na súa recuperación

SarriaXa
A Deputación de Lugo aprobou por unanimidade a cesión do inmoble ao municipio e comprometeu 250.000 euros para contribuír á súa transformación nun espazo público de ocio e deporte
casona-do-Incio-Deputación-de-Lugo
29 Sep 2026

A Casona do Incio será cedida ao Concello para facilitar a recuperación deste inmoble emblemático, que leva máis de vinte anos á espera dunha solución. O pleno da Deputación de Lugo aprobou por unanimidade a transferencia do edificio, tras a solicitude formal presentada polo Concello do Incio o pasado 24 de xullo.

A cesión permitirá ao municipio avanzar no proxecto para recuperar a Casona e a súa contorna como un espazo público destinado ao ocio e ao deporte, conectado coa Praza da Cruz.

A presidenta da Deputación, Carmela López, explicou durante a sesión plenaria que visitou O Incio o pasado 11 de agosto, cando mantivo unha reunión coa corporación municipal e comprobou persoalmente o estado do inmoble.

"Nesaquel momento comprometinme a estudar todas as posibilidades e así o fixemos, con rigor e cos correspondentes informes técnicos e xurídicos", sinalou López.

Xunto coa cesión, a Deputación colaborará economicamente coa recuperación do inmoble cunha achega de 250.000 euros, en cumprimento do compromiso expresado pola presidenta durante a sesión plenaria.

O obxectivo da actuación é recuperar tanto a Casona como o seu contorno e dotalos dun novo uso público vinculado ao ocio e ao deporte. A intervención permitirá ademais conectar este espazo coa Praza da Cruz, integrándoo na contorna urbana do municipio.

A aprobación da cesión contou co apoio unánime de todos os grupos políticos con representación na corporación provincial. Desde a Deputación destacan que a actuación responde ao interese público e permite avanzar nunha solución para un inmoble que leva décadas pendente de recuperación.

0.14876699447632