As Cavarcas organiza en Rubián un obradoiro de sobremesas saudables para Nadal

A asociación cultural As Cavarcas, do Incio, celebrará o próximo sábado 28 de novembro un obradoiro de cociña en Rubián, no concello de Bóveda, para aprender a elaborar sobremesas saudables de cara ao Nadal. A actividade estará impartida por Isabel Mourín, especialista en cociña saudable, e contará cun máximo de 12 participantes.
Esta será a terceira edición da iniciativa, que nas convocatorias anteriores rexistrou unha boa participación e unha valoración positiva por parte das persoas asistentes. Para participar non será necesario levar ningún material, só interese e ganas de aprender.
As persoas interesadas poderán inscribirse ata o venres pola tarde enviando unha mensaxe por WhatsApp ao número 659 061 819. A asociación anima a veciñanza a participar e agradece a difusión da convocatoria.