O Incio incorpora unha minicargadora con rozadoira lateral para labores municipais e prevención de incendios

O Concello do Incio adquiriu unha minicargadora compacta equipada cunha rozadoira lateral para reforzar os servizos municipais e realizar traballos de prevención de incendios forestais.
A maquinaria foi adxudicada á empresa Talleres Torneiro S.A. por un importe de 93.526,95 euros. A compra contou cunha achega de 30.000 euros ao abeiro da liña de subvencións da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes destinada aos concellos galegos para a adquisición de vehículos, adaptacións e maquinaria vinculada á prevención de incendios forestais.
Estas axudas están cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea a través do programa Galicia Feder 2021-2027. A convocatoria corresponde á orde do 3 de xuño de 2026, publicada no Diario Oficial de Galicia o 15 de xuño.