O Concello do Incio busca persoal para reforzar o Servizo de Axuda no Fogar

O Concello do Incio abriu un proceso para incorporar persoal ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) co obxectivo de cubrir períodos de vacacións e baixas do cadro de traballadores.
O Goberno local fai un chamamento ás persoas interesadas en optar a estes postos para que se poñan en contacto cos Servizos Sociais municipais, onde recibirán información sobre o proceso e os requisitos necesarios.
As consultas poden realizarse de maneira presencial nas dependencias municipais ou chamando ao teléfono 982 42 70 14, en horario de 08:00 a 15:00 horas.