O CEIP Ricardo Gasset do Incio achega ao alumnado as historias de tres mulleres rurais

SarriaXa
Julia Lago, Marica Campo e Cris de Buxán participaron na actividade "Bibliotecas Viventes", impulsada pola Anpa do centro con motivo do Día da Muller Rural e coa colaboración de Outonía
Bibliotecas-Viventes-O-Incio-Marica-Campo
19 Oct 2026

O alumnado do CEIP Ricardo Gasset do Incio participou na iniciativa "Bibliotecas Viventes", unha actividade organizada pola Anpa do centro con motivo do Día da Muller Rural para dar a coñecer experiencias persoais e proxectos de mulleres vinculadas á contorna rural.

A proposta contou coa participación de Julia Lago, Marica Campo e Cris de Buxán, que compartiron cos nenos e nenas diferentes aspectos das súas vidas, as súas traxectorias e a súa contribución ao desenvolvemento do medio rural.

A actividade desenvolveuse en tres aulas, cada unha delas cunha das mulleres convidadas. O alumnado dividiuse tamén en tres grupos que foron rotando polos distintos espazos para escoitar as historias, formular preguntas e coñecer de primeira man as experiencias das participantes.

A iniciativa, organizada pola Anpa CEIP Ricardo Gasset grazas a unha subvención de Igualdade e coa colaboración de Outonía, buscou achegar ao alumnado referentes femininos e visibilizar o papel das mulleres na vida das comunidades rurais.

0.16428804397583