Follebar celebra o seu XXXIX Campionato de Tute e unha xornada de música e gastronomía

Follebar celebrará esta fin de semana unha programación festiva que terá como principais propostas o XXXIX Campionato de Tute e unha xornada dominical con actividades relixiosas, música e gastronomía.
O sábado 10 de outubro terá lugar, a partir das 16:00 horas, o XXXIX Campionato de Tute. As parellas que non cheguen antes das 17:00 horas serán eliminadas. A inscrición ten un prezo de 25 euros e as persoas participantes poderán contar tamén cun servizo de polbeira a partir das 20:30 horas.
As inscricións poden realizarse a través dos teléfonos 697 360 783 (Alba), 634 950 425 (Adán) e 628 832 762 (Dani).
A programación continuará o domingo 11 de outubro cunha misa solemne ás 13:00 horas e unha procesión a cargo do Trío Banarama. A continuación celebrarase unha sesión vermú amenizada pola mesma formación.
Xa pola noite, a partir das 21:30 horas, terá lugar unha queimada e unha churrascada popular. Á medianoite comezará a verbena, novamente amenizada polo Trío Banarama.