O Incio amosará os resultados do I Campo de Voluntariado coa xornada 'Territorio Sonoro'

SarriaXa
A Ferrería e a Casa do Concello acollerán un paseo, a presentación dos proxectos, mesturas sonoras e unha sesión musical con DJ La Sincereza
Concello-do-Incio-portada
22 Jul 2026

O Concello do Incio celebrará este 22 de xullo a xornada Territorio Sonoro, unha iniciativa na que se presentarán as recollidas, o material sonoro e os proxectos desenvolvidos durante o I Campo de Voluntariado do Incio.

A programación desenvolverase entre A Ferrería e a Casa do Concello, combinando actividades divulgativas e propostas culturais abertas ao público.

A xornada comezará ás 12.00 horas cun paseo-proba na Ferrería do Incio. Pola tarde, ás 18.00 horas, terá lugar a presentación dos proxectos na Casa do Concello. Ás 19.30 horas celebraranse as Mesturas Sonoras e, para pechar a programación, ás 22.30 horas haberá unha pinchada e festa con DJ La Sincereza.

0.12531018257141