Armea de Arriba e Vigo de Galegos celebrarán as festas de San Pedro e Santa Mariña do 1 ao 3 de agosto

As parroquias de Armea de Arriba e Vigo de Galegos, no concello de Láncara, celebrarán do 1 ao 3 de agosto as festas na honra a San Pedro e Santa Mariña cun programa que combinará actos relixiosos e numerosas actuacións musicais.
A programación arrancará o sábado 1 de agosto cunha churrascada popular a partir das 22.00 horas, amenizada por DJ Comic.
O domingo 2 de agosto celebrarase a misa solemne ás 13.30 horas, seguida da sesión vermú coa Orquestra Alma Latina, formación que volverá subir ao escenario pola noite para amenizar a verbena xunto a DJ Comic.
As festas rematarán o luns 3 de agosto coa misa solemne ás 13.30 horas e a sesión vermú amenizada pola Orquestra Suavecito. Pola noite, a verbena contará coas actuacións das orquestras Costa Dourada e Suavecito, que porán o broche final ás celebracións.