Ronfe celebrará tres días de festas na honra a San Pedro con música e churrascada popular

A parroquia de Ronfe, no municipio de Láncara, celebrará os días 27, 28 e 29 de xuño as súas tradicionais festas na honra a San Pedro cun programa que combinará actos relixiosos, propostas gastronómicas e actuacións musicais para todos os públicos. As celebracións desenvolveranse nun campo cuberto con carpa.
A programación arrancará o sábado 27 de xuño cunha churrascada popular, unha das actividades centrais da xornada, que estará acompañada pola actuación musical de DJ Min.
As actividades continuarán o domingo 28 de xuño cunha misa solemne prevista para as 13.30 horas, seguida dunha procesión e dunha sesión vermú. A música prolongarase tamén durante a noite coa verbena, que correrá a cargo da orquestra Compostela.
O luns 29 de xuño, día grande das festas, celebrarase unha nova misa solemne ás 13.30 horas acompañada dunha sesión vermú amenizada polo grupo Punto Clave. Xa pola noite, os festexos pecharanse cunha verbena na que actuarán o propio grupo Punto Clave e a orquestra Olympus.
Deste xeito, Ronfe volverá reunir veciños e visitantes durante tres días de celebración nos que a música, a gastronomía e a tradición serán os principais protagonistas.