Láncara despedirá xullo cunha sesión de cine de verán ao aire libre

SarriaXa
A Área Recreativa Manuel Fernández Arrojo acollerá o 31 de xullo a proxección gratuíta da película 'Amigos imaxinarios'
Area-recreativa-Manuel-Fernandez-Lancara
22 Jul 2026

O Concello de Láncara e a Asociación Cultural Val de Láncara organizarán unha nova sesión do ciclo Cine na Rúa, que permitirá gozar do cine ao aire libre na Área Recreativa Manuel Fernández Arrojo.

A cita será o 31 de xullo, ás 22.15 horas, coa proxección da película 'Amigos imaxinarios', unha proposta dirixida ao público familiar para despedir o mes de xullo.

A proxección incluirá, ademais, mensaxes informativas e de sensibilización da Asociación Española Contra o Cancro.

0.11226296424866