A Malla de Santiago de Cedrón reunirá tradición, gastronomía e música en Láncara o 12 de setembro

O lugar de de Saa, na parroquia de Santiago de Cedrón, en Láncara, acollerá o vindeiro 12 de setembro a cuarta edición da Malla Santiago de Cedrón, unha cita que volverá reunir veciñanza e visitantes arredor dunha xornada marcada pola tradición, a gastronomía e a música.
A actividade dará comezo ás 10.30 horas, momento no que se iniciará a malla. A celebración permitirá recuperar e poñer en valor esta tradición vinculada ao traballo no campo e á cultura rural galega.
A partir da xornada tamén se desenvolverá un xantar popular, cun menú que incluirá embutidos ibéricos, langostinos, churrasco de tenreira e criollo, sobremesa, café e viño. O prezo será de 40 euros por persoa.
As persoas interesadas en participar no xantar deberán realizar a súa inscrición previamente no teléfono 659 450 222.
Música a partir das 16.30 horas
A programación da Malla Santiago de Cedrón en Láncara prolongarase pola tarde cunha actuación musical. A partir das 16.30 horas será a quenda do Dúo Begoña Mazaira, que poñerá o acompañamento musical á celebración.
A cita chega así á súa IV edición, consolidándose como unha proposta para desfrutar dunha xornada de encontro en Saa e manter vivo o vínculo coas tradicións e costumes do rural de Láncara.