Villares destaca o labor do Muvicla de Láncara para difundir a importancia do campo

SarriaXa
Felicitou a Marcos Vázquez, titular da explotación agraria onde se atopa integrada a colección do centro, pola proxección que acadou
villares-muvicla
4 Jul 2026

O delegado territorial da Xunta, Alfonso Villares, visitou ayer en Láncara o Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria (Muvicla), onde gabou o papel que está a desempeñar este espazo “para estender a difusión e o coñecemento da historia do agro galego e da súa importancia para o noso futuro”.

Villares felicitou a Marcos Vázquez, titular da explotación agraria onde se atopa integrada a colección do Muvicla, pola proxección que acadou este centro dende a súa inauguración no ano 2019 e polos plans de ampliación que están a impulsar para aumentar a súa capacidade.

Nese sentido, subliñou que albergar unhas instalacións destas características na parroquia lancaresa de Trasliste “contribúe a poñer o foco no rural como motor de dinamización e de impulso do territorio”.

Por último, Villares tamén apuntou que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude apoiou ao Muvicla a través da orde de axudas deste ano dirixidas as centros museísticos galegos, co fin de colaborar na actualización e divulgación dos seus fondos, así como na realización de tarefas de conservación e investigación.

0.13779091835022