Láncara acollerá unha nova campaña de doazón de sangue o 28 de xullo

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazará o vindeiro martes, 28 de xullo, unha unidade móbil ata o municipio de Láncara para facilitar a doazón de sangue á veciñanza.
O autobús de doazón situarase na Praza dos Labregos, na Pobra de San Xiao, e atenderá aos doadores entre as 16.30 e as 21.00 horas.
Desde a organización lembran que, antes de doar sangue, é necesario almorzar con normalidade e, no caso de acudir despois do xantar, esperar polo menos dúas horas. Tamén recomendan evitar comidas copiosas antes da doazón.
Así mesmo, solicítase aos doadores que leven a tarxeta de doazón, o DNI ou outro documento identificativo similar e que informen ao persoal médico no caso de estaren a tomar algún medicamento.