Láncara destaca os avances do obradoiro dual Os Soutos na recuperación de espazos

SarriaXa
O alcalde Darío Piñeiro pon en valor o traballo desenvolvido polo alumnado no municipio e o impacto directo das actuacións na veciñanza
obradoiro-dual-de-emprego-Os-soutos-Láncara
7 Jul 2026

O alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, puxo en valor o traballo que se está a desenvolver a través do obradoiro dual de emprego Os Soutos, unha iniciativa compartida cos concellos de Samos e Paradela, destacando especialmente as actuacións levadas a cabo polo alumnado no municipio lancarés.

Tras completar o seu primeiro mes de formación, os participantes do programa comezaron a trasladar os coñecementos adquiridos ás actuacións sobre o terreo, iniciando un labor centrado na recuperación de antigos camiños históricos que permanecían pechados durante anos baixo a xestión de ADIF.

Un dos primeiros resultados destacados deste traballo repercute de maneira directa na vida diaria da veciñanza de Láncara. A reapertura do paseo situado xunto ás vías do tren permitiu mellorar a conexión e accesibilidade desde o barrio dos Labradores, facilitando un novo acceso para os residentes da zona.

Desde o Concello sinalan que esta iniciativa exemplifica como a formación práctica e o esforzo poden converterse en actuacións con efectos positivos e duradeiros para a comunidade. Ademais, subliñan que os traballos continuarán co obxectivo de seguir impulsando melloras no municipio.

0.12270498275757