A Asociación Veciñal e Cultural Santiago de Cedrón organiza unha excursión á praia de Miño

A Asociación Veciñal e Cultural Santiago de Cedrón organiza para o vindeiro 8 de agosto unha excursión á praia de Miño, unha actividade pensada para ofrecer unha xornada de lecer e convivencia aos veciños e socios da entidade.
A saída realizarase ás 9.00 horas desde a Cantina de Saa, na parroquia de Santiago de Cedrón, e o desprazamento efectuarase en autobús. O xantar non está incluído no prezo da viaxe.
O custo da actividade é de 20 euros para as persoas socias, 25 euros para as non socias e 15 euros para os menores de 12 anos.
As persoas interesadas en participar deberán reservar a súa praza chamando ao teléfono 604 877 750. A organización recomenda realizar a inscrición canto antes, xa que as prazas son limitadas.