Láncara abre unha bolsa de emprego para cubrir o posto de conserxe no CPI Ramón Piñeiro

O Concello de Láncara puxo en marcha un proceso de selección de persoal temporal destinado á creación dunha bolsa de emprego para o posto de conserxe no CPI Ramón Piñeiro, situado na Pobra de San Xiao.
A convocatoria ten como finalidade dispoñer de candidatos para cubrir esta praza como funcionario interino. O sistema de selección establecido será o de concurso-oposición, no que se terán en conta tanto as probas previstas como os méritos das persoas aspirantes.
Entre as funcións asociadas ao posto atópanse diferentes tarefas relacionadas co funcionamento diario do centro educativo. A persoa seleccionada deberá encargarse da apertura e peche das instalacións, así como da atención telefónica, presencial e telemática, ademais doutras labores propias do servizo de conserxería.
O prazo habilitado polo Concello para participar no proceso é de dez días hábiles e permanecerá aberto ata o próximo 31 de agosto. As persoas interesadas deberán presentar a correspondente solicitude dentro deste período e cumprir os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.
Con este procedemento, a administración local busca contar cunha bolsa de emprego que permita atender as necesidades temporais relacionadas co posto de conserxe do CPI Ramón Piñeiro e garantir a prestación das funcións vinculadas ao funcionamento das instalacións educativas.