Láncara acollerá en setembro a segunda edición do Máster de Pesca a Mosca por Parellas Río Neira

SarriaXa
A competición, organizada polo Club de Pesca Río Neira, repartirá máis de 2.000 euros en premios e manterá aberta a inscrición durante as próximas semanas
pesca-rio-Neira
14 Jul 2026

O Club de Pesca Río Neira organizará os días 5 e 6 de setembro a segunda edición do Máster de Pesca a Mosca por Parellas Río Neira, unha cita deportiva que reunirá en Láncara a afeccionados a esta modalidade procedentes de diferentes lugares.

A competición desenvolverase por parellas e consistirá na práctica da pesca a mosca nunha edición limitada de participantes, que loitarán por facerse cunha parte dos máis de 2.000 euros en premios previstos pola organización.

Con este evento, o Concello de Láncara aspira a consolidarse como un referente para os amantes da pesca deportiva, acollendo unha competición que combina deporte, natureza e convivencia nun dos escenarios máis emblemáticos para esta práctica.

A inscrición permanece aberta e as persoas interesadas en participar poden formalizala contactando cos responsables da organización, Ali, no teléfono 606 318 225, ou Code, no 649395476.

0.12102103233337