A cerámica artesanal protagoniza en Láncara un novo obradoiro para todos os públicos

SarriaXa
A actividade, organizada pola Asociación Cultural Val de Láncara coa colaboración do Concello, celebrarase este sábado na antiga escola
antiga-escola-lancara
31 Jul 2026

A Asociación Cultural Val de Láncara, coa colaboración do Concello de Láncara, organizará este sábado, 1 de agosto, un obradoiro de campanillas de cerámica aberto a participantes de todas as idades. A actividade desenvolverase entre as 10.30 e as 13.30 horas no local da antiga escola de Láncara.

O taller estará impartido por Céniza de Papel e permitirá aos asistentes achegarse ao mundo da cerámica mediante a elaboración de pezas decorativas. Durante a sesión empregaranse distintas técnicas de construción cerámica e os participantes poderán personalizar as súas creacións utilizando texturas, engobes e outros elementos decorativos.

Segundo explican desde a organización, as pezas realizadas serán entregadas posteriormente aos participantes unha vez rematado o proceso de secado e cocción. A iniciativa busca fomentar a creatividade e o contacto coas artes manuais a través dunha proposta accesible para todos os públicos.

As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición a través do teléfono 691 17 56 50.

0.11571288108826