Os pequenos de Láncara convértense en feirantes no Mercadillo Divermañás

Os nenos e nenas de Láncara serán os protagonistas dunha xornada diferente o vindeiro 28 de agosto coa celebración do Mercadillo Divermañás 2026, unha iniciativa na que poderán converterse por un día en pequenos feirantes.
A actividade desenvolverase entre as 11.00 e as 13.00 horas na zona do río e servirá para expoñer e compartir os traballos e creacións elaborados polos participantes durante o campamento.
O mercado permitirá así dar visibilidade ao aprendido e realizado polos pequenos ao longo das actividades, ofrecéndolles un espazo no que presentar ao público as súas propias creacións.
A proposta busca tamén converterse nunha xornada de convivencia e participación arredor do traballo desenvolvido durante o campamento, implicando tanto aos nenos e nenas como ás súas familias e á veciñanza.
Desde o Concello de Láncara animan á cidadanía a achegarse ata o río para coñecer o Mercadillo Divermañás e descubrir de primeira man o talento e a creatividade dos seus pequenos artistas.