Láncara abre o proceso de selección para incorporar persoal á brigada de prevención e defensa contra incendios

SarriaXa
O Concello oferta tres prazas de condutor ou condutora de vehículo motobomba no marco dun convenio coa Consellería do Medio Rural
incendios-motobomba
24 Jun 2026

O Concello de Láncara abriu o proceso de selección para a contratación de persoal laboral temporal destinado á brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

A convocatoria contempla a cobertura de tres postos de traballo para condutores e condutoras de vehículo motobomba (VMB), co obxectivo de reforzar os labores de prevención e actuación fronte aos incendios forestais no municipio.

Estas contratacións enmárcanse no convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Láncara para as anualidades 2025-2026.

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto durante 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP), realizada o venres 19 de xuño de 2026.

0.11504483222961