San Xoán de Muro celebrará tres días de festas con música, comida veciñal e a tradicional Festa da Troita

SarriaXa
A parroquia de Láncara honrará a San Xoán e á Virxe das Neves do 31 de xullo ao 2 de agosto con actuacións de Los Key, Punto Clave, DJ Cendoi e DJ Min
festas-fogos-artificiais-celebracion
26 Jul 2026

A parroquia de San Xoán de Muro, no concello de Láncara, celebrará do 31 de xullo ao 2 de agosto as súas festas na honra a San Xoán e á Virxe das Neves cun programa que combinará actos relixiosos, música en directo e actividades de convivencia.

As celebracións darán comezo o venres 31 de xullo coa tradicional Festa da Troita, que estará amenizada por DJ Cendoi.

O sábado 1 de agosto celebrarase a misa ás 13.00 horas, seguida da procesión e da sesión vermú co grupo Los Key. Pola noite, a formación volverá ser a encargada de poñer a música á verbena.

O domingo 2 de agosto terá lugar a misa solemne ás 13.30 horas, seguida da procesión e da sesión vermú coa orquestra Punto Clave. Ás 15.00 horas celebrarase unha comida veciñal, servida por Pulpería María Luis Catering, e posteriormente haberá un tardeo amenizado por Punto Clave e DJ Min. As festas rematarán cunha churrascada popular pola noite.

0.12898898124695