Ramil celebra este sábado a súa festa cunha xornada de música, gastronomía e verbena

SarriaXa
A programación incluirá unha sesión vermú co dúo Son do Val, unha pancetada, tardeo e o lanzamento de foguetes a medianoite
fogos-artificiais-festas
7 Nov 2026

A parroquia de Ramil, en Triacastela, celebrará este sábado, 7 de novembro, a súa festa cunha xornada repleta de actividades, música e propostas gastronómicas para todos os asistentes.

A programación comezará ás 13:00 horas coa inauguración da porta do WC, seguida, ás 13:15 horas, dun brinde de homenaxe. Ás 13:30 horas terá lugar a sesión vermú, amenizada polo dúo Son do Val. Ademais, a partir das 14:30 horas haberá servizo de restaurante, con reserva previa na Cantina de Viry.

Pola tarde, entre as 19:00 e as 21:00 horas, os asistentes poderán gozar do tardeo. A partir das 21:00 horas celebrarase unha pancetada e, a continuación, a festa e verbena correrán a cargo do dúo Son do Val.

A xornada rematará ás 00:00 horas coa saída do boi da corte e o lanzamento de foguetes, nunha celebración que convida veciños e visitantes a achegarse ata Ramil para compartir a festa.

0.16444516181946