Triacastela incorpora o xogo de mesa 'Saint Jaques', inspirado no Camiño Francés

SarriaXa
A proposta, presentada no CEIP Eduardo Cela Vila e na Casa do Maior Xeroser, reproduce o percorrido xacobeo nun taboleiro con 90 paradas e preguntas de cultura xeral
xogo-da-oca-do-Camiño-Francés-Triacastela
12 Nov 2026

Triacastela xa conta co xogo de mesa 'Saint Jaques', unha proposta de Brinco Soluciones Integrales desenvolvida coa colaboración da Xunta de Galicia e inspirada no Camiño de Santiago, concretamente no itinerario francés, que une Saint-Jean-Pied-de-Port con Compostela. O xogo foi presentado no CEIP Eduardo Cela Vila e na Casa do Maior Xeroser-Triacastela.

O taboleiro toma como referencia o tradicional xogo da Oca e propón avanzar polo percorrido a través de diferentes preguntas de cultura xeral, que os participantes deberán responder correctamente para continuar a partida. En total, conta con 90 paradas e o obxectivo é chegar a Santiago de Compostela antes que o resto dos xogadores.

A iniciativa busca achegar o Camiño Francés dun xeito lúdico e participativo, combinando o entretemento co coñecemento da ruta xacobea e do seu patrimonio.

0.14724898338318