Cruz Vermella organiza un obradoiro de manualidades de Samaín para nenos en Sarria

SarriaXa
A actividade celebrarase o sábado 31 de outubro, de 10:30 a 11:30 horas, e será gratuíta, aínda que contará con prazas limitadas
Imaxe recurso dun rapaz facendo manualidades
28 Oct 2026

Cruz Vermella organizará o sábado 31 de outubro en Sarria un obradoiro de manualidades de Samaín dirixido aos máis pequenos. A iniciativa busca ofrecer unha actividade creativa coa que os nenos poidan gozar desta celebración a través de diferentes propostas manuais.

O taller desenvolverase de 10:30 a 11:30 horas nas instalacións de Cruz Vermella, situadas no número 184 da rúa da Liberdade. A participación será gratuíta, pero as prazas son limitadas.

As familias interesadas en inscribir os nenos ou obter máis información poden contactar coa organización a través do teléfono 982 530 092 ou do correo electrónico rossanav@cruzroja.es.

0.15504288673401