Sociedade
Sarria súmase este domingo á limpeza simultánea de ríos organizada por Proxecto Ríos
A Asociación Crearte promoverá unha xornada de recollida de residuos de 11.00 a 14.00 horas para contribuír á conservación dos ecosistemas fluviais
Meigas e Trasgos abre as portas do seu local en Sarria para dar a coñecer as súas actividades
A asociación cultural permitirá probar de balde as diferentes propostas durante todo o mes de outubro, con xornadas de portas abertas este sábado, 3 de outubro, e o luns 5
O PP reclama cubrir as vacantes da Garda Civil en Sarria e na comarca
Os populares alertan da falta de efectivos e piden ao Ministerio do Interior que complete os cadros de persoal
Paradela reúne a centos de persoas na XXXI Festa dos Avós
O tradicional encontro incluíu un xantar de confraternidade, música da Banda de Música de Paradela e agasallos para as persoas participantes
A Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos organiza unha viaxe cultural a Xixón
A excursión sairá de Samos ás 8:00 horas e incluirá visitas ao Museo do Pobo de Asturias e ao Museo do Ferrocarril
O Incio amplía a súa oferta de actividades con pilates, zumba, baile, música e clases extraescolares
A programación comezará en outubro e inclúe propostas para diferentes idades e horarios, con prezos reducidos para as persoas empadroadas
Antonio Barros e iAlma percorren o Camiño ata Triacastela a través da música
O concerto celebrarase este sábado 26 ás 19.00 horas cunha proposta de voz e piano que une música galega, memoria, emoción e identidade
Sarria Aire Limpo promoverá concentracións mensuais contra a planta de CSR en Oural
A Plataforma social chama á veciñanza a manifestarse os últimos xoves de cada mes diante da Casa do Concello baixo o lema 'Sarria non quere emisións tóxicas'
Láncara abre as inscricións nas Escolas Deportivas Municipais para o curso 2026/2027
A programación inclúe atletismo, fútbol sala, pádel e bádminton, con propostas para diferentes idades e o inicio das actividades previsto para o 13 de outubro
Sarria prepárase para recibir a afección motera de Galicia e España cunha nova festa
O I Sarria Bikers Fest celebrarase o 26 de setembro cunha ruta, pinchos, comida, xogos e unha tarde de música no Malecón
Láncara convida os máis pequenos a crear a súa propia historia nun obradoiro de ilustración
A actividade 'Debuxando un conto' celebrarase o 25 de setembro na Biblioteca Municipal e estará dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos
Un novo obradoiro de cerámica invita a crear pezas artesanais en Láncara
A Asociación Cultural Val de Láncara organiza unha actividade práctica o 26 de setembro na Antiga Escola, aberta tanto a persoas principiantes como con experiencia
Cruz Vermella de Sarria camiñará polo alzhéimer para dar visibilidade á enfermidade
A actividade celebrarase o luns 21 cun percorrido desde a sede da entidade na rúa da Liberdade ata a Praza da Vila, onde se desenvolverán un obradoiro e unha actividade de sensibilización
'Mudanza', baseada nun relato de Sonia Arias, gaña o premio ao mellor drama en Macedonia do Norte
A curtametraxe dirixida por Luisje Moyano e rodada en Sarria e Paradela suma un novo galardón internacional ao seu percorrido por festivais
Paradela homenaxeará aos seus maiores coa XXXI Festa dos Avós
A xornada reunirá no Centro Polifuncional Xesús Mato Mato ás persoas maiores de 65 anos do municipio cun xantar, música e un sorteo de agasallos
Paradela dá a benvida a unha nova bebé cunha cesta de produtos de primeira necesidade
Claudia González López, veciña de O Foilebar, é a terceira nena nacida no municipio en 2026 que recibe esta axuda municipal por nacemento
Sarria anima a doar sangue este martes cunha unidade móbil na rúa da Liberdade
A campaña "Este verán doa sangue" estará en Sarria este martes con horario de mañá e tarde para facilitar as doazóns
GaliciaXa
Falar do suicidio como forma de prevención: a importancia de romper o silencio arredor da saúde mental
A Asociación Galega de Prevención e Apoio ante o Suicidio e a CIG-Saúde reivindican a necesidade de abordar abertamente esta realidade e reclaman máis recursos para a prevención e a atención
Sarria busca a súa mellor fotografía para converter os seus recunchos en postais turísticas
O certame ‘O meu recuncho favorito de Sarria 2026’ permite participar ata o 10 de setembro e repartirá 300 euros en premios locais
Sarria acollerá o primeiro Sarria Bikers Fest cunha ruta para os amantes do motor
A xornada celebrarase o 26 de setembro e incluirá unha ruta con paradas gastronómicas, comida, xogos moteros e música no paseo do Malecón
Láncara acollerá o 26 de setembro un obradoiro monográfico de cerámica para crear marcos artesanais
A actividade, organizada pola Asociación Cultural Val de Láncara, desenvolverase na Antiga Escola de Láncara de 10:30 a 13:30 horas e está aberta a todos os niveis
A Sociedade Cultural La Unión de Sarria retoma a actividade cunha ampla programación para o curso 2026/27
A entidade ofrecerá desde setembro ata xuño propostas de música, baile, deporte e ocio
A Malla de Santiago de Cedrón reunirá tradición, gastronomía e música en Láncara o 12 de setembro
A IV edición da Malla Santiago de Cedrón celebrarase no lugar de Saa cunha xornada que comezará ás 10.30 horas e incluirá xantar popular e actuación musical
Sarria amplía a bolsa de emprego de cociñeiros para a Residencia de Maiores
As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o 9 de setembro para prestar servizo no centro Nosa Señora do Carme





