A Sociedade Cultural La Unión de Sarria retoma a actividade cunha ampla programación para o curso 2026/27

A Sociedade Cultural La Unión de Sarria prepara o inicio do novo curso con unha ampla programación de actividades destinada a fomentar o deporte, a cultura, o ocio e a convivencia. As propostas desenvolveranse entre o 14 de setembro de 2026 e o 14 de xuño de 2027.
A programación inclúe actividades para diferentes idades e intereses, desde disciplinas deportivas ata propostas musicais e de baile. Entre as opcións previstas atópanse cantareiros, karate, ioga, baile, zumba, DJ, pilates, billar, ximnasia, baile urbano infantil e sevillanas.
A actividade semanal distribuirase de luns a venres. Os luns, ás 18.00 horas, terá lugar a actividade de cantareiros e, ás 20.30 horas, baile. Os martes, a programación estará formada por karate, ás 18.00 horas; ioga, ás 19.15 horas; e baile, ás 20.30 horas.
Os mércores haberá zumba ás 18.00 horas, DJ ás 18.30 horas e pilates ás 19.15 horas. Os xoves será a quenda do billar, ás 18.30 horas; ximnasia, ás 19.30 horas; e zumba avanzado, ás 20.30 horas.
Pola súa banda, os venres estarán dedicados ao baile urbano infantil, ás 18.00 horas, e ás sevillanas, ás 19.15 horas.
Todas as actividades programadas pola Sociedade Cultural La Unión de Sarria serán para os socios da entidade. Para facilitar a incorporación de novas familias, a sociedade mantén unha cota familiar de 15 euros ao mes.
Con esta programación, La Unión busca manter a súa actividade durante todo o curso e ofrecer un espazo de encontro no que combinar cultura, deporte e ocio en Sarria, ademais de favorecer a convivencia e a participación dos seus socios.