A Asociación de Mulleres de Paradela organiza unha excursión a Portugal os días 24 e 25 de outubro

SarriaXa
A viaxe incluirá visitas a Vilanova de Cerveira, Braga e Guimarães, así como unha subida en teleférico ao Santuario da Penha
Asociacion-mulleres-rurais-Paradela
2 Oct 2026

A Asociación de Mulleres de Paradela organiza unha excursión de dous días a Portugal, que terá lugar os próximos 24 e 25 de outubro. A viaxe permitirá coñecer diferentes puntos do país veciño, con visitas a Vilanova de Cerveira, Braga e Guimarães.

A saída está prevista para as 07:00 horas do día 24 de outubro desde o mercado gandeiro de Paradela. Durante a primeira xornada, o itinerario inclúe unha parada no mercadillo de Vilanova de Cerveira e un xantar no Restaurante Dom Julio. Pola tarde, o grupo desprazarase ata Braga, onde realizará unha visita antes de instalarse nun hotel de tres estrelas situado aos pés do Monte do Bom Jesus.

A segunda xornada, o 25 de outubro, estará dedicada a Guimarães. O programa contempla unha visita ao castelo da cidade e ao Santuario da Penha, ao que se accederá en teleférico.

As persoas interesadas en participar nesta excursión poderán inscribirse ata o 15 de outubro. Para obter máis información ou formalizar a inscrición, poden contactar con Rocío, no teléfono 649 24 04 66, ou con Mila, no 669 84 95 18.

0.16241693496704