Máis de 560 persoas desfrutaron das viaxes á praia organizadas polo Concello de Paradela

Máis de 560 persoas participaron este verán nas viaxes á praia organizadas polo Concello de Paradela, unha iniciativa que permitiu aos veciños e veciñas do municipio desfrutar de diferentes xornadas de ocio en praias de Galicia.
Un ano máis, o programa facilitou que numerosas persoas de Paradela puidesen desprazarse a distintos areais da comunidade para gozar do verán, compartir tempo con outros veciños e participar nunha actividade pensada para o lecer e a convivencia.
As excursións permitiron reunir durante varias xornadas a persoas de diferentes idades nunha proposta que combina o desfrute das praias galegas coa oportunidade de compartir experiencias e momentos de diversión fóra do municipio.
Desde o Concello de Paradela fixeron un balance positivo da participación nesta actividade e agradeceron a todas as persoas que se sumaron ás diferentes saídas ao longo do verán.
A Administración local destacou así a boa acollida dunha iniciativa que, un ano máis, converteu os tradicionais viaxes á praia nunha das propostas de ocio da tempada estival para a veciñanza de Paradela.