Sociedade
O CEIP San Miguel de Paradela achega a lectura aos escolares cun libro de Estefanía Padullés
O alumnado recibiu exemplares de "Cambia o mundo... cambias ti", a nova obra da escritora e ilustradora afincada no municipio, que presentou o libro no centro
Paradela homenaxea a Sara López polos seus 100 anos de vida
A alcaldesa, Montse Mulet, visitou a veciña de Feás para felicitala polo seu centenario e entregarlle varios agasallos en nome do Concello
O BNG de Sarria reclamará medidas urxentes para activar as vivendas sociais da rúa Maior
A formación levará ao pleno propostas para mobilizar os inmobles municipais, impulsar novas promocións de alugueiro público e limitar as vivendas de uso turístico
A ANPA do CEIP de Samos organiza unha charla en liña sobre novas masculinidades para familias
A sesión, impartida por Pilar Porral, celebrarase o 10 de novembro e abordará a igualdade, a educación e a construción de modelos de masculinidade libres de estereotipos
"Redes que Coidan" retoma a súa actividade en Paradela para acompañar as persoas maiores
O programa de Cruz Vermella ofrece atención individualizada e talleres todos os mércores no Centro Sociocultural Manuel Oreste Rodríguez
GaliciaXa
O Día do Veciño reúne miles de persoas e colectivos da provincia de Lugo e distingue a Abel Caballero
A edición deste ano tamén distinguiu numerosas persoas, asociacións e colectivos polo seu traballo nos ámbitos social, cultural, económico, sanitario e veciñal
SarriaXa | RibeiraSacraXa
O GDR Ribeira Sacra-Courel aproba 34 proxectos que mobilizarán máis de 2,5 millóns de euros
As iniciativas recibirán 1,32 millóns de euros en axudas LEADER e permitirán crear o equivalente a 9,5 empregos a tempo completo e manter outros 32,07
Láncara organiza unha xornada sobre prevención e tratamento da violencia de xénero
A actividade celebrarase o xoves 22 de outubro, ás 17:00 horas, no antigo centro médico da Pobra de San Xiao
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Finalizan as probas físicas do proceso selectivo para o Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo
GaliciaXa
Fademur acolle un milleiro de persoas en Lugo para reivindicar os dereitos das mulleres rurais
A celebración do Día Internacional das Mulleres Rurais coincidiu co 20 aniversario de Fademur Galicia e incluíu charlas, coloquios, a entrega dos premios María José Arcos, música e teatro
A Sociedade Cultural La Unión celebrará o seu magosto con cea gratuíta e música en directo
O encontro terá lugar o sábado 31 de outubro ás 21.30 horas e estará reservado exclusivamente aos socios, que deberán confirmar a súa asistencia antes do día 27
GaliciaXa
Galicia terá 12 festivos laborais en 2027, con San Xosé e o Día das Letras Galegas entre as datas sinaladas
O calendario inclúe nove festivos comúns en toda España e tres datas escollidas pola comunidade galega. O 1 de maio e o día de Nadal caerán en sábado, mentres que a Semana Santa deixará dous festivos consecutivos en marzo
Sarria reunirá vehículos clásicos o 17 de outubro nunha concentración con ruta, premios e música
O Club Clásicos Sarria organiza a sexta edición da Concentración de Vehículos Clásicos Vila de Sarria, que ofrece as últimas prazas para participar
GaliciaXa
O Día Mundial da Saúde Mental pon o foco na infancia, a mocidade e o emprego das persoas con trastorno mental
Coincidindo coa celebración deste 10 de outubro, distintas iniciativas en Galicia abordan o impacto da vivenda e a precariedade laboral no benestar da poboación moza, así como o dobre estigma que enfrontan as persoas con trastorno mental á hora de atopar traballo
Eirexalba celebrará o 31 de outubro unha xornada de tradición e gastronomía
A festa comezará ás 14.00 horas e contará cun menú con polbo, empanada, carne ao caldeiro, castañas e queimada, organizado por Os Fanagueiros
Follebar celebra o seu XXXIX Campionato de Tute e unha xornada de música e gastronomía
A programación desenvolverase os días 10 e 11 de outubro e incluirá tamén misa solemne, procesión, sesión vermú, queimada, churrascada e verbena
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo incorporará 37 efectivos nos próximos meses
A entidade conta actualmente con 120 profesionais e avanza tamén na mellora da súa estrutura administrativa, dos parques e dos equipamentos
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación pon en marcha un Centro de Innovación Territorial para impulsar o emprego e frear o despoboamento
O CIT contará con sedes en Lugo, Navia e Burela e buscará conectar administracións, empresas, universidades e centros de investigación para desenvolver proxectos innovadores
GaliciaXa
Que supoñen os dous decretos de vivenda aprobados polo Goberno central e como afectan ao alugueiro?
Os novos reais decretos-lei introducen cambios nos contratos de alugueiro, as prórrogas, os desafiuzamentos, os pisos turísticos, os alugueiros temporais e por habitacións, a fiscalidade e o acceso á primeira vivenda
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Vicepresidencia da Deputación publica a resolución definitiva das subvencións para asociacións culturais
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O Día do Veciño reunirá a 5.000 persoas no Pazo de Feiras o próximo 18 de outubro
A Deputación acolleu a presentación dunha nova edición desta cita que organiza a Federación Veciñal integrada por 300 asociacións
O Camiño Francés leva a súa promoción a Xenebra cunha axenda centrada na gastronomía e na Galicia exterior
A Mancomunidade dos Municipios Galegos do Camiño Francés presentou a guía ‘Saborea o Camiño’ e mantivo encontros con representantes institucionais e coa comunidade galega na cidade suíza
Samos celebrará o Samaín o 1 de novembro cunha festa de disfraces e actividades infantís
A Anpa do CEIP de Samos organiza unha xornada para toda a familia no Campo da Festa cuberto, con obradoiros, unha busca do tesouro embruxada, photocall e merenda, de 17:30 a 20:30 horas
Triacastela acollerá unha conferencia sobre os saberes tradicionais vinculados ao Camiño de Santiago
Rafael Quintiá abordará a relación entre paisaxe, tradición e natureza no Camiño este sábado 10 de outubro
A Furgoteca visitará Samos o 6 e o 21 de outubro con paradas en distintas parroquias
O servizo de bibliotecas móbiles de Galicia achegará libros e actividades de lectura a San Román, Louzada, Samos, Lóuzara, San Martiño do Real, Lusío, Renche, Castroncán e outras localidades do municipio
Pura López, enfermeira, escritora e supervivente da COVID: “A vida deume unha segunda oportunidade e decidín aproveitala”
A enfermeira xubilada e desde 2024 tamén escritora, do Páramo, relata na súa nova obra como foi vivir a COVID, poñendo en valor o traballo dos sanitarios e criticando o trato que recibiron





