Láncara organiza unha xornada sobre prevención e tratamento da violencia de xénero

O antigo centro médico da Pobra de San Xiao acollerá o xoves 22 de outubro unha xornada centrada na prevención e no tratamento da violencia de xénero, organizada polo Concello de Láncara.
A actividade comezará ás 17:00 horas e estará dedicada a abordar a prevención e o tratamento desta problemática.