Láncara celebrará o seu magosto popular o 15 de novembro na Pobra de San Xiao

O Concello de Láncara organizará o domingo 15 de novembro un magosto popular na Pobra de San Xiao, unha cita pensada para compartir unha xornada de convivencia arredor da gastronomía tradicional galega.
A celebración comezará ás 14:00 horas no polifuncional do campo da feira, onde as persoas asistentes poderán degustar empanada, iscos, chourizos e castañas.
O prazo para anotarse permanecerá aberto ata o 12 de novembro. Terán prioridade as persoas empadroadas no municipio. A actividade conta coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais.