A Sociedade Cultural La Unión celebrará o seu magosto con cea gratuíta e música en directo

SarriaXa
O encontro terá lugar o sábado 31 de outubro ás 21.30 horas e estará reservado exclusivamente aos socios, que deberán confirmar a súa asistencia antes do día 27
edificio-Sociedade-La-Unión-Sarria
15 Oct 2026

A Sociedade Cultural La Unión celebrará o sábado 31 de outubro o seu tradicional magosto, que nesta ocasión contará cun toque de Halloween. A cita comezará ás 21.30 horas e combinará gastronomía e música nunha noite dirixida aos socios da entidade.

Os asistentes poderán desfrutar dunha cea totalmente gratuíta cun menú composto por panceta, raxo, chourizo, larpeira e castañas. A celebración estará acompañada pola actuación en directo do Dúo Herencia, que poñerá a banda sonora á noite.

A organización lembra que a actividade é exclusiva para os socios da Sociedade Cultural La Unión, polo que non se admitirán invitados nin persoas que non pertenzan á entidade.

Para participar será imprescindible reservar praza antes do martes 27 de outubro. As prazas son limitadas e cubriranse ata completar a capacidade do recinto.

0.15411806106567