O CEIP San Miguel de Paradela achega a lectura aos escolares cun libro de Estefanía Padullés

SarriaXa
O alumnado recibiu exemplares de "Cambia o mundo... cambias ti", a nova obra da escritora e ilustradora afincada no municipio, que presentou o libro no centro
entrega-libro-Estefanía-Padullés-en-Paradela
22 Oct 2026

O CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela acolleu a presentación de "Cambia o mundo... cambias ti", o novo libro de Estefanía Padullés, escritora e ilustradora cunha ampla traxectoria na literatura infantil que reside no municipio.

Durante o encontro, a autora compartiu a súa obra co alumnado do centro. A alcaldesa de Paradela, Montse Mulet Sar, tamén participou na actividade e entregou un exemplar do libro a cada neno e nena, co propósito de fomentar o hábito lector desde idades temperás.

A publicación aborda os cambios como parte natural da vida e propón aos lectores máis novos unha reflexión sobre como afrontalos. A través desta historia, os escolares poden descubrir a importancia de coñecerse mellor, comprender as propias emocións e aproveitar as novas experiencias como unha oportunidade de aprendizaxe e crecemento persoal.

A iniciativa enmárcase nas accións destinadas a promover a lectura e achegar a cultura aos máis pequenos. Con actividades deste tipo, o Concello de Paradela busca estimular a imaxinación, espertar a curiosidade e favorecer o desenvolvemento emocional da infancia a través dos libros.

0.13456106185913