Sarria organiza un curso gratuíto de defensa persoal feminina con motivo do 25N

SarriaXa
A formación, dirixida a mozas e mulleres maiores de 16 anos do municipio, celebrarase o 25 de outubro no Centro Deportivo e Saúde e permitirá adquirir ferramentas básicas para responder ante situacións de risco
25N-Concello-de-Sarria-25
8 Oct 2026

A Concellería de Igualdade do Concello de Sarria, a través do Centro de Información á Muller (CIM), organiza un curso gratuíto de defensa persoal feminina dirixido ás mozas e mulleres maiores de 16 anos do municipio. A actividade celebrarase o domingo 25 de outubro de 2026 no Centro Deportivo e Saúde do Concello de Sarria.

A formación desenvolverase en horario de mañá e tarde, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, e estará impartida por monitoras e monitores especialistas en defensa persoal.

O curso enmárcase na programación que a Concellería de Igualdade prepara con motivo da conmemoración do 25N e conta coa colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Durante a actividade, as participantes poderán adquirir ferramentas básicas para mellorar a súa capacidade de resposta ante posibles situacións de risco, así como reforzar a confianza, a autonomía e a seguridade persoal.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 22 de outubro na sede do Concello de Sarria, no teléfono 982 535 000 ou a través do correo electrónico cim@sarria.gal. As prazas son limitadas.

0.11463093757629