Samos celebrará o Samaín o 1 de novembro cunha festa de disfraces e actividades infantís

SarriaXa
A Anpa do CEIP de Samos organiza unha xornada para toda a familia no Campo da Festa cuberto, con obradoiros, unha busca do tesouro embruxada, photocall e merenda, de 17:30 a 20:30 horas
colexio-Samos
5 Oct 2026

Samos celebrará o Samaín o vindeiro 1 de novembro cunha programación de actividades dirixidas a toda a familia. A iniciativa, organizada pola Anpa do CEIP de Samos, desenvolverase no Campo da Festa cuberto, entre as 17:30 e as 20:30 horas, cunha proposta que combinará xogos, creatividade e diversión.

A xornada incluirá obradoiros infantís e unha busca do tesouro embruxada, pensada para que os máis pequenos poidan gozar dunha tarde temática. Ademais, haberá un photocall para que os asistentes poidan levar un recordo fotográfico da celebración e unha festa de disfraces na que os participantes poderán lucir as súas caracterizacións.

A programación completarase cunha merenda para os asistentes, nunha cita que busca ofrecer un espazo de encontro e convivencia para as familias da localidade arredor desta tradición.

0.12134194374084