O Páramo abre o prazo de inscrición para as clases de música tradicional

O Concello do Páramo abre o prazo de inscrición para participar nas clases de música tradicional, unha proposta formativa que permitirá achegarse a diferentes disciplinas vinculadas á cultura e á música galega.
A programación inclúe clases de gaita, pandeireta, percusión, canto, baile e música e movemento, ofrecendo diferentes opcións para as persoas interesadas en iniciarse ou continuar a súa formación nestas modalidades.
As persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición ata o vindeiro 23 de outubro. A actividade está organizada polo Concello do Páramo.