Triacastela acollerá unha conferencia sobre os saberes tradicionais vinculados ao Camiño de Santiago

SarriaXa
Rafael Quintiá abordará a relación entre paisaxe, tradición e natureza no Camiño este sábado 10 de outubro
Fonte-Lunar-Triacastela-formación
5 Oct 2026

Triacastela acollerá este sábado, 10 de outubro, a conferencia "Saberes que coidan o Camiño. Paisaxe, tradición e natureza no Camiño de Santiago", unha actividade incluída no proxecto Trazas Vivas. Arte, comunidade e Camiño.

A charla será impartida polo antropólogo Rafael Quintiá, da entidade Ab Origine, que afondará na relación entre os coñecementos tradicionais, a conservación da paisaxe e o patrimonio natural e cultural ligado ao Camiño de Santiago.

A actividade terá lugar ás 19.00 horas no Centro Sociocultural Fonte do Lunar de Triacastela e contará con entrada libre ata completar a capacidade do recinto.

O proxecto Trazas Vivas. Arte, comunidade e Camiño está promovido pola Asociación de Municipios del Camino de Santiago e financiado polo Ministerio de Cultura. A actividade conta coa colaboración do Concello de Triacastela.

0.13913512229919